CRTVG

Buscar

Premios da Bienal Francisco Mantecón de Cartelismo

Publicado o 22/11/2019 19:10

Non hai figura do deseño gráfico mundial que non teña participado no Concurso Francisco Mantecón de Cartelismo. Nacido en homenaxe ao artista que creou a imaxe corporativa da adega Terras Gauda, vai pola edición número 14, e está consolidado como o certame mais destacado de España desta categoría, e un dos mellores do mundo.

Nesta edición se presentaron 1435 carteis a concurso, de autores de 66 nacionalidades procedentes dos estudos, universidades e escolas de deseño mais destacados do mundo. O xurado ten nas costas mais de 18.000 obras, e son testemuña das tendencias do momento, baixo a tutela da comisaria da exposición, María Xosé Sánchez.

Nesta edición, os catro premiados e o resto dos finalistas poderán presentar novas propostas para o concurso organizado por Turismo de Galicia, que seleccionará dous carteis para promocionar o enoturismo nas cinco denominacións de orixe.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019