CRTVG

Buscar

Premio Princesa de Asturias para os investigadores das vacinas contra a covid-19

Publicado o 23/06/2021 21:05
Premio Princesa de Asturias para os investigadores das vacinas contra a covid-19

O Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica recoñece aos investigadores que fixeron posible frear a pandemia que paralizou o mundo. Son catro homes e tres mulleres que desenvolveron nun tempo record as vacinas contra a covid. Trátase da bióloga húngara Katalín Karikó, o inmunólogo estadounidense Drew Weissman, os doutores alemáns Ugur Sahin e Özlem Türeci, o biólogo canadense Derrick Rossi, a vacinóloga británica Sarah Gilbert e o bioquímico estadounidense Philip Felgner.  

O xurado destaca que son un exemplo da importancia da ciencia básica para a protección da saúde global. Tamén a súa contribución ao crear tecnoloxías novidosas que abren un camiño de esperanza para o seu uso noutras enfermidades. Os galardoados agradeceron o premio.

Ugur Sahin, probablemente o rostro máis coñecido dos sete investigadores galardoados, dixo que era un marabilloso recoñecemento de como a ciencia pode marcar a diferencia para a humanidade.

 

 

Noticias web

23/06/2021