CRTVG

Buscar

Vendido en Guísamo un boleto premiado con 180.309 € no Gordo da Primitiva

Publicado o 18/02/2019 13:25

Neste bar de Guísamo, situado a carón da nacional seis, validouse un boleto que foi premiado con 180.000 euros no sorteo do Gordo da Primitiva celebrado onte. De momento, non se coñece a identidade da persoa afortunada. Quizais nin ela mesma o saiba.

"Ao ser onte, pode ser. Saíu no xornal e nas redes sociais, pero hai moita xente que só mira cando vén aquí ou vai a outra administración, pero se cadra de semana en semana. Pode que aínda non o saiba. Vaia sorpresa".

O boleto, con cinco acertos, fíxose na máquina, de xeito automático, e ten unha aposta. O bar conta con moitos clientes habituais, pero tamén para moita xente descoñecida, ao estar situado nun lugar de paso. A vendedora espera que o gañador dea a cara.

"Non sei, non teño nin idea. Desta volta aínda non sei quen foi. O importante é que toque, e se é de por aquí, mellor. Espero que veña e que me diga "tocoume a min", pero claro, son moitos cartos e é normal que a xente non queira que se saiba".

A persoa que gañou máis de medio millón de euros na Primitiva en 2016 presentouse. Non así o posuidor dun Euromillón de máis de oitocentos mil euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2019