Premio Mestre Mateo de Honra a Chema Rodríguez, do CGAI, con Ángel Suanzes
Publicado o 27/02/2020 18:18
Chema Rodríguez, o do CGAI, é o Premio de Honra Fernando Rey 2020, que se entregará a vindeira semana nos Mestre Mateo. Adentrámonos no corazón da filmoteca galega co seu proxeccionista, unha figura fundamental para a recuperación e conservación do cinema galego.