CRTVG

Buscar

Premio Internacional de Capacitación e Investigación para unha médica do CHUAC

Publicado o 08/04/2019 19:54

Unha doutora galega, Teresa Chouciño, médica internista do hospital de Oza, do Complexo Hospitalario da Coruña acaba de ser premiada pola Organización Internacional para a Capacitación e a Investigación Médica. Este recoñecemento internacional distingue os mellores profesionais do campo da saúde pola súa traxectoria e boas prácticas.

Desenvolve a súa actividade profesional como médica internista no hospital de Oza da Coruña. Agora a doutora galega Teresa Chouciño vén de recibir o premio da Organización Internacional de Capacitación e Investigación Médica pola súa traxectoria, a excelencia e boas prácticas no seu traballo.

O seu labor investigador céntrase no eido da insuficiencia cardiaca, renal e a anemia. Fala con optimismo do futuro e loa os bos profesionais da sanidade pública galega da que apunta algúns desafíos.

O 27 de abril recollerá na Arxentina o premio que dedicará, xunto á súa familia e compañeiros, a Malpica, terra onde se criou.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019