Premio Eduemprende idea para un dispositivo que alerta de golpes de calor nos coches
Óscar Laíño é alumno de automoción no centro de FP Coroso, en Ribeira. A súa inquietude innovadora levouno a crear cun compañeiro un sistema que acaba de recibir un dos premios Eduemprende.
Óscar Laíño Carril, 1º Premio Eduemprende idea para ciclo medio: "É un dispositivo que se instala como unha alarma normal dun coche, pero que está mellorada, á parte de detectar un roubo, detecta si hai algunha persoa atrapada dentro ou algún animal".
Para promocionar a súa idea crearon unha maqueta de demostración e fixeron un vídeo explícativo: "Salta a alarma, cómo está a máis de 25º, salta o ventilador e váinos chegar unha mensaxe ao móbil de que hai unha persoa atrapada dentro. Se a mensaxe non ten resposta, o sistema alerta directamente os servizos de urxencia".
Antonio Teira Rivas, director do CEIP de Coroso: "Eu creo que é moi interesante porque é un proxecto para unha necesidade real".
No centro de FP de Coroso axudáronlles a darlle forma. Agora, amais dos 3.000 euros do premio, contarán co asesoramento do Igape para intentar levalo ao mercado, preferentemente, din, cunha empresa de automoción galega.
"Estariamos encantados de que isto salve vidas", di Óscar.