CRTVG

Buscar

Premio de case medio millón de euros en Tui no primeiro sorteo do Euromillón en plena pandemia

Publicado o 20/05/2020 13:59

Chegar e encher. Aínda ben non abriron as súas portas as administracións de lotarías e se reactivaron os sorteos, cando esta de Tui acaba de darlle unha boa alegría a un dos seus veciños.

Os case 434.000 euros que vale o boleto selado na administración número 1 de Tui tamén son o primeiro premio entregado no sorteo do Euromillones desde a pandemia. Así que a celebración é dobre, pola volta ao traballo e por repartir tantos cartos, e iso que polo grao de acertos da combinación gañadora o premio é de segunda categoría.

Trátase do segundo premio importante que se entrega neste despacho, que en 2002 repartiu dous millóns de euros no Gordo de Nadal.

Noticias web

20/05/2020