CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Premio aos mozos empresarios de Galicia

Publicado o 26/01/2017 21:35
Acaban de entregarse os premios aos mellores empresarios mozos de Galicia. A gala, á que asistiu o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, celebrouse por vez primeira en Ourense, no Teatro Principal. Os galardóns teñen como finalidade recoñecer o talento dos emprendedores, que permiten, din, xerar emprego e fixar poboación no país. Kaleoki e Conexiona foron respectivamente, o emprendedor e o empresario mozo do ano nesta sexta edición dos premios.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

26/01/2017