CRTVG

Buscar

Premio á investigación termal para un estudo do tratamento das infeccións respiratorias infantís

Publicado o 02/02/2019 18:45

Os autores do traballo son os médicos italianos Attilio Varricchio, Enrico Ascione e Fausto Bonsignori. O xurado do premio salientou o rigor, a orixinalidade e a relevancia das súas conclusións.

O estudo, "Infeccións respiratorias recorrentes na idade pediátrica", realizouse nos baños napolitanos de Agnano. Alí analizaron a efectividade dos tratamentos termais na infancia, unha terapia cada vez máis demandada nos balnearios galegos.

O obxectivo do premio Marcial Campos, dotado con 10.000 euros, é fomentar a investigación rigorosa sobre os beneficios das augas termais dende o punto de vista curativo e preventivo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/02/2019