CRTVG

Buscar

Premian o Concello da Veiga polo traballo para a dinamización demográfica

Publicado o 14/01/2020 15:08

Neste concello do oriente ourensán, aos pés de Trevinca, os veciños están de parabéns. A Veiga acaba de recibir da Xunta un galardón que recoñece os seus esforzos nos últimos anos para frear o despoboamento.

Boa culpa ten o feito de ser destino Starlight, as súas paisaxes privilexiadas, pero tamén medidas de axuda a vivenda, os emprendedores ou o comercio de produtos autóctonos.

Nos últimos anos conseguiron reducir a sangría demográfica e acoller novos veciños no concello. Este, din, é un éxito colectivo.

Os concellos de Parada de Sil e Cervo foron tamén recoñecidos polas súas iniciativas para atraer poboación.

Noticias web

14/01/2020