CRTVG

Buscar

Premian a aposta dun apicultor do Xurés pola produción de mel ecolóxico

Publicado o 30/01/2020 22:31

En pleno parque natural do Xurés, no concello de Muíños, as colmeas de Amable producen cada ano dende o 2016, 3.500 quilos de mel.

Apostou ademais por darlle ao seu mel un valor engadido así que a produción é totalmente ecolóxica.

As súas abellas traballan rodeadas de carballos, silvas e castiñeiros en colmeas situadas entre os 700 e os mil metros de altitude. O resultado un mel escuro, mezcla de bosque e de montaña moi singular.

No concurso hispanoluso de meles ecolóxicos o seu produto conseguiu noventa puntos dos cen posibles. Acadou o Panal de Ouro.

Agora, di, confía en ir aumentando aos poucos a súa produción, e poder seguir amosando as potencialidades destas terras do Xurés.
 

Noticias web

30/01/2020