Premiados coa elaboración dun mural por un traballo sobre o acoso escolar
Sube a cabeza é o título deste traballo elaborado por 24 rapaces de 2º da ESO do Colexio Divino Maestro de Lugo. Representa o acoso escolar e reflexiona en que para combatelo se precisa da axuda de todos. Eles foron os gañadores dun concurso nacional convocado por unha coñecida editorial xuvenil que presentaba a loita contra o acoso escolar como temática central.
O premio é do máis especial. Os alumnos gañadores participaron hoxe no centro na elaboración dun mural da man dunha artista gráfica de renome. Un galardón que nada ten que ver xa con trofeos e medallas e que fomenta a colaboración entre todos os rapaces.
A palabra amor presidirá este mural que quedará para sempre rexistrado no centro que ve medrar estes rapaces que agora traballan xuntos contra o acoso escolar.