CRTVG

Buscar

Premiado un xarope caseiro para loitar contra a vespa velutina

Publicado o 11/11/2017 10:23

Un remedio caseiro para atrapar velutinas acadou o premio da Asociación Galega de Empresas da Loita contra as pragas. O seu inventor leva tempo estudando estas avespas que chegaron a Galicia hai catro anos e seguen a provocar estragos, sobre todo, no sector da apicultura.

Grazas a este xarope caseiro moitos apicultores conseguiron salvar as súas abellas da voracidade das velutinas. Colocan a mestura nun bote de cristal preto das colmeas e as avespas, atraídas polo cheiro, quedan atrapadas no interior. O remedio acaba de gañar o premio da Asociación Galega de Empresas de Control de Pragas.

Manuel Andrade chegou á fórmula do xarope logo de observar durante meses o comportamento da velutina. Esta primavera, quere estender outro método caseiro para atrapar raíñas antes de que fagan os seus niños. Dedicado á investigación biomimética, transmite os seus descubrimentos como voluntario de protección civil, a través de charlas e tamén de Internet onde o seu vídeo do xarope galardoado acadou milleiros de visitas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2017