CRTVG

Buscar

Premiado con 796.432 euros un boleto da Primitiva validado en Cambados

Publicado o 23/08/2019 13:50

Nesta administración de lotaría situada a carón da praza de abastos de Cambados validouse un dos boletos agraciados cun premio de primeira categoría no sorteo da Primitiva deste xoves. O premio é de case oitocentos mil euros. Do gañador non se sabe nada. 

Xoán da Cruz Martínez, vendedor de lotaría: "Por suposto que non. E mellor que non apareza, que ninguén o saiba, que vaia ao banco e nada máis.Sendo agosto hai bastantes posibilidades de que sexa un turista. Se fose no inverno, máis xente da casa, pero neste mes pode ser da casa ou de fóra."

O boleto premiado tiña dúas apostas só para o xoves, fíxoo a máquina automaticamente e custou dous euros.

Os clientes da administración din: "Comprobei pero no hai nada. A min non me tocou nada." "Nada non fun eu, non teño nada de sorte." "Se non toca a lotaría o importante é que haxa saúde." "Non a vou mirar que xa sei que non me toca. Teño a Primitiva, xogo sempre os mesmos números pero agora non a vou mirar."

Dous anos e medio leva o vendedor á fronte deste negocio e, neste tempo, é o segundo premio importante que despacha. Hai un ano validou outra Primitiva de máis de oitocentos mil euros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019