CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Preguiza e ganas de ver aos compañeiros mestúranse nas cabezas dos nenos cara á volta ao cole

Publicado o 11/09/2018 21:33


E os grandes protagonistas da volta ao cole levan como poden a fin das vacacións. Coma sempre, uns mellor ca os outros, ainda que todos estean de acordo en que o mellor é volver a ver aos amigos.

Da auga ás aulas. O cambio vai ser moi radical logo de dous meses e medio sen a rutina que marca a vida escolar. Para moitos a volta ao cole non vai ser doada de levar, sobre todo polos madrugóns.

"Un día de verá espertas cando queres.... no me apetece"0.38
"Teño que facer robótica, inglés, língua...."5.02

Malia a preguiza por deixar atrás os horarios e os costumes do verán, o de ver de novo aos compañeiros é o maior aliciente para volver ao colexio.

"quería empezar o cole" 1.42
"pq estou cos meus amigos xogando" 1.50
"sí, apetece"2.23

Os que por agora non se queixan son os alumnos de secundaria e bacharelato, que ata a semana vindeira poderán seguir de vacacións mentres os cativos loitan contra o reloxo para acostarse e erguerse o máis cedo posible.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018