Predín os contaxios da covid-19 analizando as augas residuais da Coruña
Un grupo de científicos consegue detectar repuntas de covid-19 dúas semanas antes de que se produzan. Fixérono con análises das augas residuais na depuradora de Bens. Isto supón que as autoridades sanitarias poden adiantarse e tomar medidas para e evitar o colapso sanitario. A clave do proxecto está en detectar á poboación, contaxida aínda que sexa asintomática, o que permite anticiparse ao incremento dos casos e controlar a pandemia. Unha alerta temperá para evitar poñer en apuros o sistema sanitario.
Margarita Poza, investigadora do Instituto de Investigación Biomédica di que COVID Bens "foi capaz de determinar varios modelos matemáticos que o que fan é predicir o número de persoas que están infectadas en toda a poboación, en 400.000 habitantes".
O proxecto permitiu, desde o seu funcionamento en abril, anticiparse en dúas semanas aos gromos do virus. Ricardo Cao, catedrático de Estatística e Investigación Operativa na UC explica que teñen en conta "a carga viral medida nas augas residuais e máis outras variables; a temperatura, a choiva, o caudal, e ao londo deses dous meses que tivemos eses datos fomos quen de formular modelos que permiten predicir o número de doentes que son portadores do virus".
A investigación afecta aos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.