CRTVG

Buscar

Prenden dúas mulleres croatas por tentativa de roubo na Coruña

Publicado o 09/10/2019 14:37

Faltaba pouco para as seis da tarde e aproveitando que o portal estaba aberto, dúas mulleres de nacionalidade croata, de 19 e 21 anos, entraron nun inmoble da zona da Gaiteira.

"Eu, na casa, sentín como se me andasen na porta. Erguinme bastante asustada e pensei que viña mina nai. Pero si que vin como se me quixesen abrir a porta. Mira, xa se me pon a carne de galiña. Levei un susto...".

Dun piso foron a outro máis arriba. Aquí, intentaron, tamén sen éxito, forzar a porta, manchada agora cos pós brancos que utiliza a policía científica para coller pegadas, coa intención de, supostamnte, entrar a roubar. 

"A veciña de en fronte viu que estaban dándolle cunha tarxeta e chamou a policía".

Cando chegarou a policía, un dos axentes controlou o acceso à vivenda e outro subíu polas escaleiras . Foi cando viu dúas mozas que baixaban apresuradamente.

"Eu saín e vin que as tiñan acorraladas no primeiro e dixéronlle que os acompañaran. Eran altas...".

Tras estes dous intentos de roubo neste inmoble, os veciños din estar preocupados.

Desta volta, a Policía Local logrou prendelas por tentativa de roubo con forza nunha vivenda. Agora, a Policía Naconal é quen se encarga da investigación. Pero das primeiras informacións despréndese que é probable que formen parte unha banda internacional itinerante e que o mesmo día da detención chegaran á Coruña procedentes de Valencia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019