Precaución nas estradas de Lugo pola presenza de xeo
Publicado o 12/01/2021 14:48
Mañá xélida nas zonas baixas da provincia de Lugo, con temperaturas mínimas que mesmo chegaron a bater os 6 graos baixo cero nas principais vilas. Foi o caso de Sarria, onde os veciños notaron o intenso frío desta xornada, en especial nas áreas de sombra ou á beira do río.
Con estas baixas temperaturas, o principal risco encóntrase nas estradas, ante a posible formación de placas de xeo. Tamén cómpre andar con coidado polas beirarrúas, en particular nas zonas de sombra.
Prevese que nos días vindeiros continúen a rexistrarse xeadas intensas nas comarcas do interior de Lugo.