CRTVG

Buscar

Precampaña en Madrid con protagonismo para Pablo Iglesias e Martínez-Almeida

Publicado o 21/03/2021 14:49

Pablo Iglesias sinalou que a construción de vivenda está detrás da caixa B do PP e que Madrid foi o epicentro da corrupción. Tamén asegurou que o acordo asinado con Pedro Sánchez para a regulación dos alugueiros ten que facerse efectivo: "O que asinamos ante a cidadanía é lei. Hai cousas que nós non podemos esixir porque somos unha forza política modesta, pero o que asinamos o presidente do Goberno e mais eu fronte a toda a cidadanía deste país é lei e tense que cumprir".

Mentres, o alcalde madrileño, Martínez-Almeida, amosouse convencido de que Ayuso conseguirá unha maioría ampla, suficiente para gobernar. Asegurou que a estretexia de Iglesias é crispar e que Sánchez se deixa ver agora en Madrid para dicir falsidades despois dun ano inédito.

"Non vimos a Pedro Sánchez durante a pandemia. O único que lle pido a Pedro Sánchez é que non veña nin embarrar, nin insultar nin mentir e, polo tanto, que en campaña non vale chamar narcisista a Isabel Díaz Ayuso. Por certo, que Pedro Sánchez fale de narcisismo parece, desde logo, unha ironía", sinalou o rexedor, José Luis Martínez-Almeida.

Noticias web

21/03/2021