CRTVG

Buscar

Preacordo para prorrogar os ERTE ata o 31 de maio

Publicado o 08/01/2021 14:55

Os actuais ERTE caducan o 31 de xaneiro. Goberno, sindicatos e patronal coinciden na necesidade prorrogalos durante outros 4 meses, pero a letra pequena impediu pechar este venres o acordo.En particular, a CEOE quere que as empresas que se acollan a este instrumento pero despois non poidan recuperar a actividade, poidan despedir traballadores sen vérense obrigados a devolver as axudas. O actual sistema só permite facelo despois de 6 meses.

Antonio Garamendi, presidente da CEOE, explica que "nos guste ou non, vai ter que haber axuste de cadro de persoal. O que non pode ser é que se eu me acollín a un ERTE me fagan devolver a totalidade dese diñeiro que puiden aforrar con respecto a todo o persoal cando sería máis lóxico, e non dicimos que non, devolver a parte desa persoa que teña que saír fóra". Pero Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT, pídelle ao Goberno que "non saque ningún coello da chisteira, e á CEOE, que sexa unha patronal europea e que siga os cánones europeos e por tanto que non pida nada que non piden os seus colegas franceses, alemáns ou italianos".

As partes volverán negociar este luns. Con datos de decembro, hai máis de 750.000 traballadores en España protexidos por un ERTE.

Noticias web

08/01/2021