CRTVG

Buscar

Praias cheas no sur galego a unha semana da entrada do outono

Publicado o 13/09/2020 14:39

Praia urbana de Samil en Vigo hai un anaco. Penúltima fin de semana do verán de 2020, o das máscaras, o que sen dúbida será lembrado como o verán da pandemia da covid-19.


Lembraremos a covid-19, pero probablemente non lembraremos que o sol en xullo quentou coma nunca, nas Rías Baixas houbo unha media de 34,8 graos, que en agosto choveu algo e que este setembro de 2020 parece xullo, seco e quente.

Este domingo, despois dos 35 graos do sábado, o termómetro aínda subirá algo. MeteoGalicia prevé un xiro de guión o luns. O verán do coronavirus despedirase con chuvias e temperaturas arredor dos 20 graos.

Noticias web

13/09/2020