CRTVG

Buscar

Prado foi 4º en Lommel e colócase a 14 puntos do liderado

Publicado o 01/08/2021 17:40

Jorge Prado respiraba logo dun grande premio agónico. A area de Lommel coroou a Romain Febvre. O francés estivo case perfecto, cun segundo e un primeiro posto.

A pesar da súa vitoria, tivo que cederlle protagonismo a un home, Jeffrey Herlings, que en Bálxica se puxo a capar de superheroe. Cunha omoplata fracturada remontou desde o posto 40 ata o quinto na segunda manga. Na primeira, soperendeu a todos facéndose cunha incontestable vitoria. Ocupou o segundo chanzo do podio, por diante do letón Pauls Jonass.

Cuarto foi Jorge Prado, que sacou petróleo nun circuíto extremadamente complicado e cunha condición física non óptima. Na primeira manga refíxose dunha caída para ser sexto. Na segunda estivo estremadamente preciso e foi terceiro. Tivo sorte, iso si, coa caída de Tim Gajser xa na última volta, que lle permitiu superalo. Gajser bicou o chan de Lommel ata tres veces e pagouno perdendo parate da súa renda á fronte da clasificación.

Prado perde un posto, é cuarto, pero entre el é o líder hai só 14 puntos. O Mundial ferve.

Noticias web

01/08/2021