Prades renova por unha temporada co Mecalia Guardés
Publicado o 25/02/2020 21:53
José Ignacio Prades seguirá á fronte do Mecalia Guardés. O técnico amplía por un ano a súa vinculación ao club da Sangriña.
Prades cumprirá un lustro no banco guardés e para renovar pediu darlle continuidade ao grupo e mesmo reforzalo.
Con esta renovación parecen despexarse as dúbidas arredor da continuidade do propio club.
Máis sobre actualidade
28/02/2021 16:29