CRTVG

Buscar

PP, PSOE e C's, contra a conferencia de Puigdemont en Bruxelas

Publicado o 14/02/2019 15:28

Partido Popular, PSOE e Ciudadanos pídenlle ao presidente do Parlamento Europeo que impida a Carles Puigdemont e a Quim Torra ir á Eurocámara falar do procés este luns en Bruxelas.

Populares, socialistas e Ciudadanos argumentan que un dos piares da Unión Europea, o Parlamento, non pode acoller a Puigdemont, fuxido da xustiza, para falar, na Eurocámara, do xuízo contra o secesionismo. Torra e Puigdemont foron convidados por dous europarlamentarios nacionalistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019