CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

PP e PSOE aproban 123 propostas de Polìtica Forestal

Publicado o 11/09/2018 21:17




Unha comisión que se crea e outra que se pecha: a de revisión das políticas forestais. Esta mañá quedou aprobado no pleno o seu ditame final, con máis de 100 recomendacións dirixidas, sobre todo, á Xunta de Galicia.

Aprobouse cos votos en contra de En Marea e do BNG, que consideran que o documento é pouco ambicioso e que non vai servir para cambiar as políticas forestais.
Xusto o contrario do que pensan populares e socialistas que, ademais, non entenden ese voto en contra de En Marea e do BNG xa que estaban de acordo con máis do 80 por cento das propostas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018