CRTVG

Buscar

PP e C's descartan facilitar a investidura de Sánchez

Publicado o 25/11/2019 15:03

O PP ofrécelle ao PSOE pactos de Estado pero descartan facilitar a investidura de Sánchez. Acúsano de voar todas as pontes cos partidos constitucionalistas e de elixir Podemos como socio sen explorar outras vías. E en Ciudadanos pídenlle a Sánchez que rectifique. Din que aínda hai tempo para que busque un goberno moderado.

A voceira de Ciudadanos fixo esas declaracións despois do comité do partido en que anunciaron novidades de organización. José María Espejo, procedente do partido en Cataluña, será secretario xeral do grupo parlamentario e a persoa designada para estar na Mesa do Congreso, se finalmente conseguen un posto.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019