CRTVG

Buscar

O PP proponlle a C's e ao PSC un pacto para que non gobernen os independentistas

Publicado o 15/11/2017 09:19

O Partido Popular catalán move ficha para evitar un novo goberno independentista. Xavier García Albiol envioulle esta carta a Ciudadanos e ao PSC, en que os invita a asinar un pacto para que ningún deles goberne cos soberanistas a partir do 21 de decembro. Proponlles ademais asumir o compromiso de que gobernarán xuntos se suman os apoios sufientes.

O candidato do PSC, Miquel Iceta, deixou claro que non fará presidentes aos que, dixo, levaron Cataluña á valga. Pero repróchalle ao PP que non achegue solucións ao conflito catalán.

"Eu non farei presidente a Carles Puigdemont nin a Oriol Junqueras. Pero tamén lle digo que non sei que ten pensado facer o PP para resolver este problema que ten entre mans, e interésame sabelo", di Iceta.

Desde Cataluña en Común-Podem pídenlle ao PSC que reflexione, e que non asuma un pacto co PP e con Ciudadanos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2017