PP e Ciudadanos pedirán a comparecencia de Pedro Sánchez pola xestión da crise do Open Arms
Lea política pola xestión do Open Arms. PP e Ciudadanos pedirán a comparecencia de Pedro Sánchez pola xestión desta crise. Os migrantes agardan o seu país de destino, entre eles España, e a ONG encara unha complexa situación legal que a enfronta ao Goberno.
O barco Open Arms ten un futuro incerto. Arestora está incautado cautelarmente en Italia. Pero dende o goberno recordan que a ONG pode ser sancionada por non limitarse ás actividades para as que ten licenza. A multa pode achegarse ao millóns de euros ou incluso é posible que lle retiren o permiso para navegar.
O director de Proactiva Open Arms ironizou despois sobre o parecido entre as palabras da vicepresidenta do goberno e as de Salvini. VOX denunciará á ONG, pois acúsaa de colaborar cos traficantes de persoas. PP e Ciudadanos reclamaron a comparecencia de Pedro Sánchez no Congreso para explicar a xestión de crises como esta.
Pablo Casado, presidente do PP :"Uns bandazos que son a peor mensaxe para as mafias, que van aproveitar estas crises humanitarias para seguir explotando ao elo máis fraxil deste drama, que son as vítimas explotadas que se embarcan en embarcacións ás veces directos á morte"
No entanto, os migrantes do Open Arms agardan nun centro de acollida, tamén na incertidume. O buque Audaz continúa rumbo a Italia. A Comisión Europea coordina a reubicación dos rescatados en cinco países. España é un deles.