CRTVG

Buscar

PP e Ciudadanos asinan un acordo de goberno na Comunidade de Madrid sen Vox

Publicado o 08/07/2019 21:18

Acordo para que a popular Isabel Díaz-Ayuso presida o Goberno da Comundiade de Madrid cun vicepresidente de Ciudadanos. As dúas formacións falan dun acordo histórico. Pero sen os votos de Vox, Díaz-Ayuso non será presidenta.

A voceira de Vox na Asemblea de Madrid comparecerá en conferencia de prensa esta tarde para a analizar a situación dos pactos, pero xa cualificou este acordo de vergonzoso. E o presidente do partido pide unha mesa nacional para desbloquear a situación.

Malia o posicionamento de Vox, a candidata do PP non renuncia á investidura como presidenta da Comunidade de Madrid.

Se sae adiante a investidura, PP e Ciudadanos repartiranse as 13 consellerías do novo executivo de Madrid. 7 para o PP e 6 para a formación laranxa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019