PP e Ciudadanos acordan un programa conxunto para gobernar a comunidade de Madrid
Publicado o 07/06/2019 20:42

Partido Popular e Ciudadanos chegan a un acordo para elaborar un programa de goberno conxunto para a Comunidade de Madrid.As dúas formacións van comezar a negociar xa cuestións concretas dese programa en que se baseará o próximo Goberno da Comunidade de Madrid. Así o acordaron nunha xuntanza esta mesma tarde. Dáse por feito que a presidencia será para a popular Isabel Díaz Ayuso, aínda que negaron que falaran de nomes polo de agora. Con todo, para ser investida, precisa tamén o apoio de Vox.