CRTVG

Buscar

PP e C's cualifica de "éxito rotundo" a concentración e o Goberno minimiza o seu poder de convocatoria

Publicado o 11/02/2019 15:01

Os convocantes da concentración cualifícana de éxito: cifran en 200.000 os asistentes, fronte aos 50.000 que calcula a Delegación do Goberno, e cren que certificou a fin da lexislatura. Queren aumentar a presión ao Executivo. Ciudadanos convoca outra manifestación para este domingo en Barcelona, e o PP abre unha web para manter a protesta.

Dende o Goberno cren que a imaxe con Vox vai prexudicar a Casado e Rivera, e minimizan o seu poder de convocatoria. Cren que a concentración non xustifica un adianto electoral.

A vicepresidenta do Goberno vai máis alá, a acusa a dereita de non aceptar a Constitución ao poñer en cuestión a lexitimidade do Executivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019