PP e C's apoian unha iniciativa de Vox en Madrid para ilegalizar partidos que atenten contra a unidade de España
Publicado o 08/11/2019 08:22
A Asemblea de Madrid pide ilegalizar os partidos separatistas que atenten contra a unidade de España.
Foi unha proposta de Vox, apoiada polo PP e Ciudadanos. Toda a esquerda votou en contra. A iniciativa ten transcendencia política e simbólica, pero non efectos prácticos, xa que lle corresponde á xustiza decidir sobre a ilegalización dos partidos. A mesma proposta inclúe tamén a petición a Bruxelas de que inclúan os CDR na listaxe de organizacións terroristas.