CRTVG

Buscar

PP, C's e Vox maniféstanse co lema: "Por unha España unida. Eleccións xa"

Publicado o 07/02/2019 17:11

O Partido Popular e Ciudadanos consensuaron os detalles da manfiestación deste domingo pola unidade de España, á que tamén se sumou Vox. Mentres, os seus líderes soben o ton contra o presidente do Goberno. Pablo Casado cre que en Cataluña se está seguindo a axenda da ETA, e Albert Rivera sinala que a actitude de Pedro Sánchez supón unha fractura no PSOE.

"Por unha España unida. Eleccións xa" é o lema que vai encabezar a manifestación que onte convocaron de forma simultánea Albert Rivera e Pablo Casado. Tamén Vox se sumou á concentración, que prevé reunir na madrileña praza de Colón varios milleiros de persoas. Non haberá siglas, pero si unha mensaxe común.

Incluída a moción de censura. Casado di que os números non cadran por agora, pero non descarta que os equilibrios cambien coa mobilización do domingo contra un presidente que cren irresponsable.

PP e Ciudadanos confían en crear unha fronte cívica este domingo que sirva para liquidar esta lexislatura.

Noticias web

07/02/2019