CRTVG

Buscar

Pozas celebra os seus 165 partidos co Obradoiro

Publicado o 29/10/2019 15:25

O Obradoiro vive unha resaca pracenteira ao acubillo da vitoria en Murcia, a segunda da tempada e un excelente punto de partida para escalar postos na clasificación. Amais, o obradoirismo celebra ao grande os 165 partidos de Pepe Pozas na ACB cumpridos na cancha murciana.

Máximo asistente na historia do club dende a tempada 2016-2017, Pozas suma agora outro récord histórico no club santiagués. Unha marca difícil de superar en que acaba de deixar atrás ilustres nomes do vestíbulo da fama obradoirista. Xogadores como Alberto Corbacho, o último en ser superado por Pozas logo de seis temporadas coa camisola do Obra, unha menos das que a vestiu o mallorquino.

Xogador comprometido e persoa de trato afable e integrador, Pozas xa ten un espazo preferente na historia do histórico Obra o club dos amigos do baloncesto.

Noticias web

29/10/2019