CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Poxa por un burriño que apareceu abandonado nos Montes de Trevinca

Publicado o 05/09/2017 14:29




Pasadomañá, xoves, ás 12 do mediodía, vai haber unha poxa a vida ou morte. Literal. Porque se poxa un burriño que apareceu en Ramilo, abandonado nos montes de Trevinca. Os veciños acollérono e coidárono, pero ningún deles o recoñece como seu. Se na poxa non lle aparece un dono novo, o burriño será sacrificado.

Na pequena localidade de Ramilo, no concello ourensán de Viana do Bolo, acolleron un burro que unha veciña atopou abandonado nos montes próximos. O animal ocupa desde mediados de agosto unha leira en que recibiu algunha atención por parte dos veciños da localidade.

Ninguén en Ramilo, unha poboación de doce veciños, responsabilizarase do burro. Os animais abandonados, segundo a normativa vixente, dependerán do concello que, segundo aseguran na aldea, ten prevista unha poxa o próximo xoves para tratar de adxudicar o animal.

O concello espera que algunha asociación animalista poida amosar interese polo burro a pesar de que as que existen na provincia están saturadas pola masiva presenza de animais nas súas instalacións. De non atopar un novo dono, o animal, sería sacrificado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí