CRTVG

Buscar

Unha poxa de 11 obras de Picasso nas Vegas recada máis de 100 millóns de dólares

Publicado o 24/10/2021 18:01

Ata once obras de Picasso se poxaron nas Vegas por máis de 100 millóns de dólares. A famosa compañía Sothebys realizou a venda nun hotel onde permaneceron as obras expostas durante varios anos. Cinco dos cadros permaneceron colgados nas paredes do restaurante do hotel, que aínda manterá outras doce obras que non saíron á poxa.

A xoia da coroa Muller con gorro vermello-laranxa, na que aparece retratada Marie-Therese Walter, a que fora musa e amante de Picasso en 1938, vendeuse por 40,5 millóns, mais de dez por riba do estimado.

Foi a venda máis cara da colección posta no mercado. Ademais, os retratos a grande escala Home e Neno e Busto de Home vendéronse por 24,4 millóns de dólares e 9,5 millóns respectivamente.

Outras obras máis pequenas en cerámica do xenio español acadaron prezos que multiplicaron por tres ou catro veces as estimacións previas á venda.





 

Noticias web

24/10/2021