CRTVG

Buscar

Povisa abre hoxe unha nova etapa coa venda do hospital ao grupo Ribera Salud

Publicado o 02/10/2019 09:40

Povisa abre hoxe unha nova etapa coa venda do hospital ao grupo Ribera Salud. A Consellería de Sanidade di que estará vixilante e esixe que se manteñan os empregos e a calidade asistencial.

O acordo incluiría a compra do Hospital Povisa, o centro de formación de Enfermería e dúas clínicas. Hai estimacións que cifran en 22 millóns de euros a operación, que garante o mantemento do emprego. Sanidade xa comunicou que estará vixiante ao concerto subscrito con Povisa.

Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "Manter o alto nivel de calidade de asistencia sanitaria dunha poboación duns 137.000 habitantes e defender a profesionalidade de todos os traballadores de Povisa e que se manteña ese cadro de persoal".

As negociacións da venda estanse ultimando. O traspaso do grupo Povisa ao seu novo propietario quedaría pendente da Comisión Nacional de Mercados e Competencia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019