CRTVG

Buscar

Poucos nomes galegos en comparación con vascos e cataláns

Publicado o 21/05/2020 20:08

Escoller nome para un bebé non é tarefa doada. Nela infúen moitos factores, pero dános unha idea da nosa sociedade.

En Galicia, os nomes propios galegos non están entre os máis empregados. Os que máis existen neste momento son Manueles e Mari Carmes. Non é só unha cuestión de idade. Para os bebés que naceron nos últimos anos, entre o 2010 e o 2018, os pais e nais escolleron Martín, Hugo, Mateo ou Noa e Sara. Temos que baixar ata o posto dez desa lista par atopar un Anxo ou unha Uxía.
Isto non sucede nin en Euskadi nin en Cataluña, onde Marc, Jon ou Ane, encabezan esas táboas.

En España, Antonio e Maria Carmen son os máis comúns, pero na lista dos 100 máis empregados, atopamos no posto 54 xa un nome catalán, Jordi, e un pouco máis abaixo, no 65 Mohamed, o máis común en Ceuta e Melilla. Os dous por riba doutros como Tomás ou Agustín.

Noticias web

21/05/2020