CRTVG

Buscar

Poucos concellos cumpren coa obriga de contar cun plan contraincendios

Publicado o 11/06/2019 16:38

Hai agora xusto un ano que a Fiscalía do Estado mandou avisos a todos os  concellos galegos para que se apurasen a dispoñer dun plan específico contra incendios forestais. Son poucos os concellos que cumpren coa normativa autonómica de ter deseñado un plan contraincendios pola complexidade da súa redacción e tamén pola falta de recursos. Por iso a Xunta hai un ano abriu unha liña de axudas.

Se atendemos á área do Val Miñor, afectada polos grandes lumes de outono de 2017, Gondomar foi un dos que se acolleu a estas subvencións, e a día de hoxe ten xa redactado e aprobado inicialmente dende o día 4 o seu plan específico. Por diante queda un mes de exposición pública para alegacións, polo que consideran que a finais de xullo estea aprobado definitivamente. O Concello de Nigrán tamén o ten redactado e conta telo aprobado inicialmente a primeiros do verán, e o concello de Baiona aínda o ten en trámite.

Tras a aprobación toca realizar o traballo de campo, un dos máis complexos é o deixar limpa de masa arbórea unha franxa de seguridade de 50 metros ao redor dos núcleos de poboación.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019