CRTVG

Buscar

As malas condicións do mar e a alta demanda destes días disparan o prezo do marisco

Publicado o 23/08/2019 22:08

O marisco está polas nubes. Neste mes de agosto, o mal tempo no mar, que dificulta as capturas, e a alta demanda están a disparar os prezos, pero non só nos mercados senon que nas lonxas tamén o venden máis caro.


 "É moi complicado coller percebes, por exemplo, poque o mar non deixa"


O que máis subíu foi a nécora porque escasea.


"As grandes que normalmente andan polos 40 euros, hoxe están a 60 euros", "Hai moi pouca e iso fai que se dispare o prezo..."


Os percebes, os camaróns e as cigalas, que nestes días son os máis demandados, tampouco quedan atrás.
"Os perce

bes chegaron aos 100 euros e as cigalas, as grandes, a 60 euros o quilo"


Uns prezos que, segundo os vendedores, corresponden máis aos do Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019