CRTVG

Buscar

Pouco límite para xuntar a familia e marxe para tomar as uvas

Publicado o 24/11/2020 14:55

Na rúa hai moitas dúbidas de como van ser este ano as celebracións de Nadal. Os máis precavidos non queren ningún tipo de xuntanza e a maioría planea xa celebralo só cos da casa.

A idea de restrinxir as reunións a seis persoas é ben acollida por uns, pero hai a quen lle parece pouco para xuntar a familia directa.

A ampliación do toque de recollida ata a unha dá marxe para poder comer as uvas en familia, pero se tras elas hai que desprazarse para volver á casa, a cousa pode estar xusta.

Coas medidas e restricións derivadas da pandemia cómpre organizar polo miúdo este Nadal atípico.

Noticias web

24/11/2020