CRTVG

Buscar

Pouca pero de calidade, así é a presenza galega en ARCO

Publicado o 27/02/2019 21:53

Pouca pero de calidade. Así é a presenza galega en ARCO. Só hai unha galería, PM8 de Vigo, e unha revista, Dardo. Pero percorrendo a feira atopamos artistas galegos. Aproveitamos tamén para ver cara a onde vai ARCO.

Mergullándose en ARCO custa atopar a pegada galega. Cando a atopas, impacta. Unha fila de paquetes postais agacha un encargo. O que Carlos Rodríguez-Mendez lle fixo a súa nai, xastra de profesión.

Pegado a Rodríguez-Mendez, na mesma galería, está Cristian García Bello. Mostra na súa obra a conexión Flandres, onde viviu un tempo, con Galicia, onde viviu e vive.

Son artistas galegos que traballan con galerias madrileñas. Hai máis, Álvaro Negro, Teo Soriano. Porque a este ARCO só chega dende Vigo PM8, a galería. E dende Santiago, a revista Dardo. A súa directora, Mónica Maneiro, guianos para saber cara a onde vai ARCO.

Volvemos a onde empezamos. A obra de Rodríguez-Méndez. Arte que emociona.








 

Noticias web

27/02/2019