CRTVG

Buscar

Postes da luz no medio dunha estrada en Meaño

Publicado o 07/03/2019 14:38

Circular por esta vía que une os lugares de Souto e Quintáns, na parroquia de Santa María de Simes en Meaño, converteuse nunha carreira de obstáculos a pesar das obras de ampliación que acaba de acometer o Concello. O motivo é evidente: a estrada ancheouse e os postes da luz non se moveron, polo que algúns, coma este, quedaron literalmente, no medio da calzada. Os veciños denuncian o perigo que supoñen e critican que non se desprazaran os postes antes de ampliar a via.

Desde a empresa distribuidora de Naturgy en Galicia, Unión Fenosa, aseguran que a normativa é clara e que lle corresponde ao promotor da obra asumir o custo do retranqueo dos 11 postes, máis de 30.000 euros. A mediados de febreiro enviáronlle o presuposto ao Concello, do que aínda non teñen resposta. E mentres se dirimen as competencias, os veciños o que urxen é que se solucione o problema.

Mentres se resolve o conflito de competencias, o que cómpre é abrir ben os ollos e extremar a precaución ao volante se circulan por esta vía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019