CRTVG

Buscar

Posta a punto dos montes antes da tempada de risco de incendios

Publicado o 04/02/2020 22:26

A pé e co tractor. Con rozadoiras, podadoras e cadeas. Así é como poñen a punto o monte Pedroso antes da tempada de máximo risco incendios. Os temporais deste inverno tiraron moita madeira, a biomasa medrou sobre as pistas e cómpre despexar as infraestruturas.

Manter limpas estas barreiras naturais é fundamental para evitar o avance das lapas, pero tamén para garantir a seguridade dos propios brigadistas.

A Xunta destina máis de catro millóns e medio de euros a estes traballos nos 19 distritos forestais do país.

Noticias web

04/02/2020