CRTVG

Buscar

Crime machista nunha vila de Málaga

Publicado o 17/07/2019 20:17

Nas últimas 24 horas ocorreron dous parricidios na capital, dous homes de 70 anos morreron asasinados a mans dos seus respectivos fillos

Crime machista nunha vila de Málaga

Na vila malagueña de Cortes de la Frontera, un home disparoulle a súa parella actual cun rifle e despois suicidouse diante da casa da súa ex-muller.  O suposto asasino e mais a vítima levaban máis dun ano xuntos, e el tiña un fillo da súa relación anterior. Son xa 32 as mulleres vítimas de crimes machistas no que vai de ano en España, máis dun milleiro dende que hai rexistros.

Antes deste crime houbo dous parricidios en menos de 24 horas tamén en Malága, neste caso na capital. Dous homes de 70 anos morreron asasinados a mans dos seus respectivos fillos. Nos dous casos, os supostos parricidas foron detidos pouco despois. Son unha muller de 41 anos e un mozo de 24 con problemas mentais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí