CRTVG

Buscar

Aluvión de portugueses a repostar na raia polos prezos desbocados ao outro lado do Miño

Publicado o 16/10/2021 14:41

Polas matrículas desta estación de servizo semella que estamos en Portugal. Os portugueses só deixaron de repostar nesta estación cando o confinamento e agora fano cada vez máis, xa que o gasóleo subiu de prezo en Portugal no que vai de ano trinta e oito veces e a gasolina en trinta ocasións e apenas experimentaron baixadas. Os usuarios téñeno claro.

E en vilas fronteirizas coma esta de Tui cada vez teñen máis opcións, hai quince días abriu esta nova estación no polígono de Areas, hai outra en construción e unha terceira en proxecto fronte a un gran supermercado

A crispación no país veciño co prezo dos combustibles vai obrigar o goberno luso a rebaixar os prezos e os impostos, segundo recolle este sábado o Jornal de Noticias.






 

Noticias web

16/10/2021