CRTVG

Buscar

Portugal vota se elimina as peaxes na autovía entre Galicia e O Porto

Publicado o 14/02/2020 15:59

Os empresarios lusos conseguiron levar a iniciativa á Asemblea da República. Reclámanlle ao Goberno socialista de Costa que levante o cobro. Cren que será beneficioso para os negocios de ambos os dous lados.

O cobro das peaxes a través do sistema de pórticos implantouse hai unha década na autovía A-28. Desde entón foron moitas as voces que se pronunciaron en contra. Consideran que é cara para os quilómetros que ten.

Os usuarios súmanse así á petición dos empresarios.


 

Noticias web

14/02/2020