CRTVG

Buscar

Portugal volverá ter o control da aeroliña TAP

Publicado o 03/07/2020 08:59

A crise derivada da covid-19 trae cambios na propiedade da TAP.
A aeroliña de bandeira de Portugal volverá estar baixo o control do Estado, que
terá o 72,5 por cento da compañía e investirá 1.200 milóns de euros en reflotala. O Goberno luso considéraa estratéxica para o emprego no país.
Tras cinco anos de xestión privada, a TAP estivo a pique de ser nacionalizada, pero un acordo de última hora entre o Goberno do socialista António Costa e os accionistas evitouno. A compañía volverá estar baixo o control público, pero o 22, 5 por cento do seu capital segue en mans do empresario Humberto Pedrosa e o outro 5 por cento é dos traballadores.

Noticias web

03/07/2020