CRTVG

Buscar

Portugal volve este xoves ao confinamento

Publicado o 11/01/2021 21:09

Portugal confirma que volve ao confinamento este xoves. Nunha semana, a taxa de crecemento de casos positivos duplicouse e é xa maior ca a do Reino Unido. Detectan uns 10.000 casos por día con 500 falecidos.

Unhas cifras alarmantes nun país que ten 10 millóns de habitantes. Segundo explicou Antonio Costa, as escolas permanecerán abertas durante este segundo confinamento.

As escolas seguirán abertas durante este segundo confinamento que durará en principio 15 días. As restricións non inclúen un peche de fronteiras pero si restricións de mobilidade. Hostalería e comercios terán que baixar as persianas e veremos se este confinamento é unha obriga baixo pena de multa igual que en España ou só unha obriga cívica como na primavera pasada.

Por certo que o vindeiro domingo 24 celébranse as eleccións presidenciais portuguesas e levaranse a cabo en pleno confinamento. 

 

Noticias web

11/01/2021