CRTVG

Buscar

Portugal ve subir os casos, coa cifra de contaxios máis alta en tres semanas

Publicado o 20/05/2021 16:34
Portugal ve subir os casos, coa cifra de contaxios máis alta en tres semanas

Ao outro lado da raia, Portugal confirmou que tivo 511 contaxios novos nas últimas horas. É a cifra máis alta de infeccións no país veciño desde hai tres semanas. Os portugueses tamén teñen un lixeiro aumento no índice de transmisión, e na incidencia, que se sitúa agora en 51 casos por cada 100.00 habitantes. Estes últimos datos da pandemia en Portugal coñécense cando entran en vigor as novas normas, que obrigan a usar a máscara de protección cando se acceda ás praias portuguesas e ás zonas de baño.

Noticias web

20/05/2021